CLUBE DE PÁDEL AS PONTES664.109.342 / 606.181.350padelaspontes@gmail.com

Máis que normas e regras hai algúns pequenos consellos que farán que a túa experiencia no pádel sexa aínda mellor, son normas non establecidas e con seguridade moitas non están escritas en ningún manual. Non está demais coñecelas, algunhas veñen do tenis, outras son sentido común e non aparecen no regulamento oficial do pádel.
Estamos seguros que con algunhas delas poderás enfrontar este deporte de forma correcta e facer do xogo un verdadeiro pracer para ti, o teu compañeiro e os rivais.

1. O pantalón
Para que o xogo se desenvolva cunha velocidade normal, a peza máis importante é o pantalón con peto. Isto permite gardar as bólas dentro e así ter unha preparada para un segundo servizo por exemplo. É moi molesto interromper o teu propio saque para preguntar por máis bólas.

2. As zapatillas
A idea dunha zapatilla apta para practicar o pádel está case no 99% na sola e o seu debuxo. Intentar levar sempre calzado axeitado para que non se esvare e ademais por respecto á túa parella. Nada máis molesto que esvarar a cada momento e máis aínda provocándote algunha caída.

3. O silencio
Mentres a pelota non estea no teu campo esquezas gardar silencio. Nada que dicir no saque do rival, non se pode falar, nin moverse nin preguntar “como vai a cousa”, mentres o teu opoñente se prepara a sacar. Podes falar e alentar o teu compañeiro todo o que queiras cando a bóla está do teu lado da pista.

4. Devolver un Let ou bóla longa
Os servizos do rival erróneos como o let ou bólas longas débense deixar pasar ou tirar coa pa cara á parte baixa da rede do teu lado. Non devolvas a bóla, non a deixes aos teus pés pois poderías caer. Devolvela significa perder o tempo e interromper o saque do rival.

5. A celebración
Gañar é gañar; un punto ben xogado, pelexado e rematado é xenial, pero que a celebración non inclúa nunca frases nin xestos ao rival. Non é necesario enrostrar que somos mellores, basta con celebrar coa parella. O mesmo ao termo dun partido gañes ou perdas non deixes de ir á rede antes de abandonar a pista e dar un bo apertón de mans aos teus rivais. Sen eles o xogo non existe, débeselles respecto.

6. A concentración
Non hai nada máis penoso que ver á túa parella entregada vagando pola pista. Sen actitude positiva, concentración e o que faga falta en actitude, o xogo pódese transformar nunha xornada aburrida ou decepcionante para 3 persoas máis: o teu compañeiro e rivais. Se te sentes rematado fisicamente, abandonas o xogo. Pero se o medo ou a derrota te atacan, recupera a túa concentración e brinda o mellor de ti. Todos cho agradecerán e seguro alabarán a túa actitude combativa malia o momento adverso.

7. O árbitro invisible
Os xogos desenvólvense sen árbitros a menos que esteamos nun campionato. Se o partido te enfronta á mellor parella do Club, á parella “top ten” do pobo veciño ou por último aos rapaces máis listos do barrio, non importa. Estás a xogar con deportividade e co ánimo de entregar o mellor de ti. Os bos xogadores non gañan campionatos a punta de reclamacións aos xuíces. Se hai bólas en dúbida, repite o punto, mesmo formula a idea antes de comezar o partido. Así evitarás problemas.

8. O profesor e o bolseiro
Levas anos xogando ao pádel e chega a oportunidade de enfrontar un partido cunha parella con menos experiencia. Recomendámosche non caer na tentación de “ensinar” no momento a técnica e práctica do deporte. Pode resultar moi molesto, aburrido e mesmo algo groseiro empezar a dar consellos á túa parella mentres estás a xogar, ademais diso, os rivais estarán bastante impacientes e cortarás o ritmo de xogo.

9. A Rapaza de Ipanema
Xa sexa no club, destino vacacional ou o polideportivo do pobo, onde sexa, á hora que sexa e xogando contra calquera rival, por favor non cometas o erro de facer unha pausa e achegarte á porta da pista a conversar con alguén. Sexa quen sexa, noiva, noivo, a máis guapa da clase, papá Noel preguntando pola túa carta. Por favor, ninguén. Iso é esquecer que á fronte tes un rival que está a esperar a xogar e pasalo ben. Ademais de enfriar o ritmo do partido.

10. Todo o demais
Algúns novatos necesitarán recordar que por exemplo, non se pode comer ou beber dentro da pista, non podes deixar pezas de vestir dentro do campo. A rede non se usa para apoiar un pé e atar zapatillas, as paredes non son para pegar unha goma de mascar. Escupir por necesidade do corpo, pero fóra do campo ou enxugando a boca con auga. Se lle dás coa bóla ao rival pídese desculpas, as bólas fóra do campo tipo “home run” de béisbol xa se recuperaran logo; móbiles apagados ou en modo silencio e cando gañes un partido e vaias axeonllarte cos brazos ao ceo, coidado! a area da pista pode romperche a pel dos xeonllos!

CLUBE DE PÁDEL AS PONTES - padelaspontes@gmail.com - Aviso Legal
Menu